Atrezzo para Falar sen Cancelas de Culturactiva

Cando recibimos o encargo de imprimir amorodos, patacas e grelos para o atrezzo de “Falar sen Cancelas” pensamos que en verdade o equipo de Culturactiva confiaba moito en nós! 😀 Mais, tendo xa feita unha máis que atinada reproducción dun queixo do país dixemos: ¿por que non?

 

E aló que nos puxemos a traballar. Queremos compartir con todos e todas vós a experiencia de crear por primeira vez unhas réplicas en impresión 3D de productos de alimentación para unha obra teatral.

O reto sen dúbida foi o de conseguir darlles o realismo preciso para poder utilizalos na representación, sobre todo as pezas que conforman a mada de grelos, xa que á complicación polo propio deseño uníaselle a dificultade de imprimir unha peza tan singular.

 

Deixámosvos varias fotos do “making off” das impresións e o resultado final. A actriz Isabel Risco e os actores Fran Rei e Pedro Brandariz enviáronnos tamén unha fotografía del@s cos productos xusto antes de comezar a actuación. Grazas, Falar sen Cancelas!

IsaRiscoAtrezzo

Isabel Risco co Atrezzo

 

IMG_1566

Os Artistas co Atrezzo!!!

 

 

 

 

 

 

Compartir este post

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *