Cursos impresión 3D

A impresión 3D é un grupo de tecnoloxías de fabricación por adición onde un obxecto tridimensional é creado mediante a superposición de capas sucesivas de material. A impresión 3D ou fabricación aditiva, consiste na creación de pezas a partir dun modelo 3D xerado con programas informáticos, sen ter que recorrer a moldes ou aparellos, mediante a deposición do material en capas e o seu posterior curado ou secado, mediante luz ultravioleta ou emisión de calor, dependendo do tipo de tecnoloxía.

As impresoras 3D son polo xeral máis rápidas, máis baratas e máis fáciles de usar que outras tecnoloxías de fabricación por adición, aínda que como calquera proceso industrial, están sometidas a un compromiso entre o seu prezo de adquisición e a tolerancia nas medidas dos obxectos producidos. As impresoras 3D ofrecen aos desarrolladores de produto a capacidade para imprimir partes e montaxes feitos de diferentes materiais con diferentes propiedades físicas e mecánicas, a miúdo cun simple proceso de montaxe. As tecnoloxías avanzadas de impresión 3D, poden mesmo ofrecer modelos que poden servir como prototipos de produto.

Os nosos cursos ofrecen un primeiro contacto e posterior desenvolvemento á impresión 3D mediante tecnoloxía FDM (Fused Deposition Modeling) co obxectivo de obter unha visión xeral do abanico de tecnoloxías existentes, coñecer as máquinas e materiais máis usados, así como o software de modelado e impresión, descubrir as posibles aplicacións presentes e futuras e, en xeral, obter os fundamentos tecnolóxicos necesarios para introducirse na impresión 3D.

CURSO 1. IMPRESIÓN 3D BÁSICA (4h)

Que é a impresión 3D

Tipo, tecnoloxías e materiais

Aplicacións

Estrutura de impresión

Utilización básica dunha impresora FDM

Software de modelado

Acabados

Compartir os teus modelos

CURSO 2. IMPRESIÓN 3D AVANZADA (8h)

Modelado para impresión 3D

Software de modelado

Perfís de impresión

Modelos multi-part

Escaneado 3D

Biblioteca de obxectos, reparación de arquivos

Impresión 3d aplicada áarquitectura

Impresión 3d aplicada á enxeñería e o deseño

Solicitar información sobre nuestros Cursos

Tu nombre (obligatorio)

Tu Email (obligatorio)

Selecciona curso

Tu Mensaje

Os cursos impartense en formato de grupo reducido (10-15 persoas)
HORARIOS :

VENRES TARDE
SABADOS MAÑÁ

INSCRIPCIONS:

Se estás interesado en participar
en algún dos nosos cursos contáctanos:
contacto@imprimetresde.com