Ogrove (Galiza)
Vimos de recibir o encargo da fabricación por impresión en 3d dun texto decorativo co nome dunha revista de recente creación, “Salghadoiro”, para ilustrar a súa presentación en sociedade.
A peza acadou un tamaño de 165x20cm e 12cm de fondo, acabado en pintura en cor azul e ca imaxe corporativa proporcionada pola clienta, e foi fabricada en tempo récord pois entre o encargo e a entrega pasou menos dunha semana!
Finalmente realizamos o traballo de pintado na cor corporativa e acabado con barniz de protección. Este foi o resultado: