Cursos de impresión 3D e deseño tridimensional
Cursos de impresión 3D
A impresión 3D é un grupo de tecnoloxías de fabricación por adición onde un obxecto tridimensional é creado mediante a superposición de capas sucesivas de material.
Cursos de impresión 3D e deseño.
A impresión 3D ou fabricación aditiva, consiste na creación de pezas a partir dun modelo 3D xerado con programas informáticos, sen ter que recorrer a moldes ou aparellos, mediante a deposición do material en capas e o seu posterior curado ou secado, mediante luz ultravioleta ou emisión de calor, dependendo do tipo de tecnoloxía.
As impresoras 3D son polo xeral máis rápidas, máis baratas e máis fáciles de usar que outras tecnoloxías de fabricación por adición, como consecuencia, aínda que, como calquera proceso industrial, están sometidas a un compromiso entre o seu prezo de adquisición e a tolerancia nas medidas dos obxectos producidos.
A impresión 3D ofrece aos desenvolvedores de produto a capacidade para imprimir partes e montaxes feitas de diversos materiais con diferentes propiedades físicas e mecánicas, a miúdo cun simple proceso de montaxe. As tecnoloxías avanzadas de impresión 3D poden ofrecer modelos que poden servir como prototipos de produto.
Cursos de impresión 3D e deseño tridimensional
Os cursos de imprimetresde.com ofrecen un primeiro contacto e posterior desenvolvemento á impresión 3D mediante tecnoloxía FDM (Fused Deposition Modeling) co obxectivo de obter unha visión xeral do abanico de tecnoloxías existentes, coñecer as máquinas e materiais máis usados, así como o software de modelado e impresión, descubrir as posibles aplicacións presentes e futuras e, en xeral, obter os fundamentos tecnolóxicos necesarios para introducirse na impresión 3D.
CURSO de IMPRESION 3D 1. NIVEL BÁSICO (4h)
Que é a impresión 3D
Tipo, tecnoloxías e materiais
Aplicacións
Estrutura de impresión
Utilización básica dunha impresora FDM
Software de modelado
Acabados
Compartir os teus modelos
CURSO de IMPRESION 3D 2. NIVEL AVANZADO (6h)
Modelado para impresión 3D
Software de modelado
Perfís de impresión
Modelos multi-part
Escaneado 3D
Biblioteca de obxectos, reparación de arquivos
Impresión 3d aplicada á arquitectura
Impresión 3d aplicada á enxeñería e o deseño
Os cursos impártense en formato de grupo reducido (5-10 persoas)
HORARIOS :
VENRES TARDE
SÁBADOS MAÑÁ
INSCRICIÓNS:
Se estás interesado en participar nalgún dos nosos cursos contáctanos:
cursos@imprimetresde.com