I3D Tech no AI SONG CONTEST 2023

AI SONG CONTEST

I3D Tech, a marca técnica de I3D – Deseño galego impreso en 3D, figurou como partner da 4ª edición do AI SONG CONTEST que se celebrou o pasado 4 de novembro na Cidade das TIC da Coruña. Para esta ocasión encargáronnos a impresión en 3D do corpóreo do logo AI SONG CONTEST en PLA branco e con medidas 218cm x 42 cm.

O Festival Mundial da Canción de Intelixencia Artificial, AI SONG CONTEST, celebrou a súa 4ª edición na Cidade das TIC da Coruña e á noite emitiuse en directo a gala da final pola canle online da RTVE, Rtve Play, desde o plató de Studio Follow. Ata alí viaxou tamén o corpóreo AI SONG CONTEST deseñado e impreso en 3D por I3D Tech. Vémolo aquí no centro do escenario.

Video completo: https://www.rtve.es/play/videos/eurovision/ai-song-contest-final-coruna/7004395/

O equipo PAMP! Galicia acadou o premio do público pola canción ca que concursaban, #Florespiña, en homenaxe a grande Ana Kiro e fíxoselles entrega da Serea de Castelao, deseño e impresión tamén de I3D.

Opening na Cidade das TIC.

Presentación do evento e intervención de autoridades:

Acto de inauguración con autoridades do Ministerio e da Xunta e parte do equipo organizador.

O “making off” da entrega dos AI SONG CONTEST 2023:

I3D fai entrega das Sereas Conmemorativas (10cm+ peana personalizada) ao equipo de producción do evento
Na imaxe, Natasha Mangal e Rebecca Leger. Os outros dous compoñentes do equipo son Ryan Groves e Jonh Ashley Burgoyne.
Con Joel Cava, Produtor Executivo do AI SONG CONTEST 2023, PAMP! AI-Lalelo + Florespiña (GZ)
Info completa do AI SONG CONTEST 2023 na súa web: https://www.aisongcontest.com/

Share this post