Hai uns meses recibimos en I3D un encargo do máis particular e sobre todo orixinal. Da man do xenial artista multidisciplinar Paco Boluda, xenio da ilustración e artífice da posta en valor dunha das figuras máis descoñecidas da cultura galega, o Prisciliano da Gallaecia, recibimos a encomenda de modelar e fabricar unha escultura un tamaño considerábel a fin de recrear o máis fielmente a personaxe.
Prisciliano, ou o “Bispo Galego” por excelencia, cobraba de novo vida en papel, nas ilustracións de Boluda, e despois en tres dimensións grazas á tecnoloxía e dominio da escultura en 3d do obradoiro I3D – Imprimetresde.
Priscilano foi seguidor do gnosticismo, maniqueísmo, ascético e vexetariano. Despois duns anos de vida mundana comeza unha conversión á vida ascética e a predicar un cristianismo que negaba a existencia do misterio da Trindade e priorizaba o estudo dos textos sagrados. Os seus postulados son coñecidos como priscilianismo, e está claramente emparentado co gnosticismo relixioso.
Partimos das ilustracións realizadas por Boluda con gran detalle, onde se presenta a Prisciliano como un home de mediana idade con aspecto solemne, case místico. Roupas que o presentan como un home relixioso pero coa simboloxía propia da cultura Celta, a propia da Gallaecia da época.
Realizamos un esculpido dixital en base á documentación gráfica, realizando unha peza con marcado aspecto relixioso,
Nacía así de novo esta figura que orixinariamente habitara as nosas terras aló polo século I d.c., e que persoas como Paco Boluda pretenden dar a coñecer á unha gran maioría de xente á quen lles é totalmente descoñecido. Para iso, nada mellor que levalo físicamente con el alí onde o reclaman para falar desta figura histórica.
Así, I3D recreou un Prisciliano a tamaño 50cm de altura e impreso a unha cor en PLA granito gris.
Imprimindo o deseño 3d Resultado final da peza fabricada en PLA granito gris, 50 cm de altura
Tras o lixado e a postproducción, fóiselle entregado a Boluda que se encargou de pintalo. O resultado, asombroso, é este: