Descripción
Skyline A Coruña, creación orixinal de I3D onde podes observar os edificios e monumentos máis destacados da cidade herculina. Nel figuran desde a Torre do Milenium ou o Obelisco ata as galerías da Mariña, a Domus, a Casa das Ciencias ou o Banco Pastor, sen esquecer por suposto a Torre de Hércules, o Concello ou o Mercado de San Agustín. Por non faltar, non falta nin o depósito de auga do Ventorrillo!
Faite xa co teu ou para un agasallo único!
*Para outros monumentos, consultar prezo e prazo de entrega.
**O material no que está realizado é PLA, material procedente de materia vexetal, biodegradábel, non tóxico e ecolóxico.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.