Cando recibimos o encargo de imprimir amorodos, patacas e grelos para o atrezzo de “Falar sen Cancelas” pensamos que en verdade o equipo de Culturactiva confiaba moito en nós! 😀 Mais, tendo xa feita unha máis que atinada reprodución dun queixo do país dixemos: por que non?
E aló foi que nos puxemos a traballar. Queremos compartir con todos e todas vós a experiencia de crear por primeira vez unhas réplicas en impresión 3D de produtos de alimentación para unha obra teatral.
O reto sen dúbida foi o de conseguir darlles o realismo preciso para poder utilizalos na representación, sobre todo as pezas que conforman a mada de grelos, xa que á complicación polo propio deseño uníaselle a dificultade de imprimir unha peza tan singular.
Deixámosvos varias fotos do “making of” das impresións e o resultado final. A actriz Isabel Risco e os actores Fran Rei e Pedro Brandariz enviáronnos tamén unha fotografía del@s cos produtos xusto antes de comezaren a actuación. Grazas, Falar sen Cancelas!