Descripción
Brincos Pandeireta deseñados pola equipa de Imprimetresde . Fermosísimos brincos pandeireta como homenaxe á nosa pandeireta, ese marabilloso instrumento que constitúe a base da música tradicional galega. Realizado en madeira imprimíbel (wooden PLA) e PLA, dispón dunhas ferreñas metálicas que farán as delicias de calquer melóman@.
Abre o desplegábel para coñecer todos os nosos modelos: básicos, personalizados, con corazón, de diferentes cores, etc.
*O material no que está realizado é PLA, material procedente de materia vexetal, biodegradábel, non tóxico e ecolóxico.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.