Descripción
Colar Patela, idea orixinal de I3D en homenaxe a esas cestas cadradas de bordo baixo feitas con tiras de madeira. As patelas eran utilizadas polas mulleres peixeiras para transportar o peixe. A peixeira é unha das figuras máis representativas da cultura mariñeira de Galicia e aparece case sempre representada con este tipo de cesta sobre a cabeza, sendo o elemento que mellor as define.
Pode levar cadea de prata por +10€
*O material no que está realizado é WOODEN PLA, material procedente de materia vexetal, biodegradábel, non tóxico e ecolóxico.
“Cesta patela,
arrumba máis que leva.”
Reseñas
Aínda non hai valoracións.