Descripción
Mortiños da Santa Compaña, creación orixinal de I3D – Imprimetresde en homenaxe á crenza na procesión da Santa Compaña. Feitos en PLA negro e PLA GLOW in the dark, ilumínanse na escuridade!
Elixe un dos Mortiños da Santa Compaña ou lévate toda a colección!
Deseño realizado en colaboración co deseñador Juan Calo.
A Santa Compaña é unha procesión de mortos ou ánimas en pena que percorren os camiños dunha parroquia. Trátase dun tema do folclore galego. O tema das procesións de mortos e/ou de ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa occidental dende a Idade Media. A zona xeográfica “galega” na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia, incluíndo o norte de Portugal e Asturias[1], xa que esta zona posúe características que a identifican como unha comunidade, reflectidas nos seus contos e na súa literatura e testemuñas do fenómeno. (Fonte: Galipedia)
*O material no que están realizados é PLA, material procedente de materia vexetal, biodegradábel, non tóxico e ecolóxico
Reseñas
Aínda non hai valoracións.