Descripción
Apalpador, figura decorativa para a árbore de Nadal feita pola equipa de Imprimetresde . O Apalpador ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares [1], aínda que se está a recuperar en toda Galicia[2]. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro[1] segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles “así estexas todo o ano”.
-
- Mañá é día de cachela
- que haberá gran nevarada
- e vai vir o Apalpador
- cunha mega de castañas.
Material utilizado: PLA dourado
Reseñas
Aínda non hai valoracións.